miércoles, 16 de enero de 2013

Isto é un pequeno inicio sobre a miña presentación en Xestión de Datos

ADIÓS, RÍOS, ADIÓS, FONTES Cantares Gallegos

Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:                                                
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,

ROSALÍA DE CASTRO

viernes, 11 de enero de 2013

DESPOIS DO NADAL hai ganas de verdura e de pratos de culler. O caldo triunfa e na Praza os mazos de grelos véndense con facilidade. A un euro, aseguran a presenza de verde na mesa. É unha verdura perfecta, de tempada e do país, barata e integrada nun prato que gusta á maioría. Pode tamén formar parte dun perfecto prato único: o cocido, ou acompañando aos ovos servir para un revolto. De calquera xeito, trátase dunha verdura versátil e moi apreciada na cociña, que ten ademais a capacidade de estar presente nos meses de inverno en distintas presentacións. A pranta é o nabo e aos primeiros froitos chámaselles nabizas. Acto seguido chegan os grelos, que inclúen todas as follas da pranta e, tempo despois, os cimos. Estes son as follas centrais da pranta, o seu corazón, a parte máis tenra e máis aprezada para os cocidos.