viernes, 11 de enero de 2013
DESPOIS DO NADAL hai ganas de verdura e de pratos de culler. O caldo triunfa e na Praza os mazos de grelos véndense con facilidade. A un euro, aseguran a presenza de verde na mesa. É unha verdura perfecta, de tempada e do país, barata e integrada nun prato que gusta á maioría. Pode tamén formar parte dun perfecto prato único: o cocido, ou acompañando aos ovos servir para un revolto. De calquera xeito, trátase dunha verdura versátil e moi apreciada na cociña, que ten ademais a capacidade de estar presente nos meses de inverno en distintas presentacións. A pranta é o nabo e aos primeiros froitos chámaselles nabizas. Acto seguido chegan os grelos, que inclúen todas as follas da pranta e, tempo despois, os cimos. Estes son as follas centrais da pranta, o seu corazón, a parte máis tenra e máis aprezada para os cocidos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
COMAMOS GRELOS!
ResponderEliminar